Salesianos Cooperadores

Os Salesianos Cooperadores naceron co proxecto de Don Bosco en favor dos mozos. A medida que Don Bosco iba ampliando a súa obra, deuse conta da necesidade de Cooperadores laicos ligados a misión salesiana.  Os Salesianos Cooperadores somos católicos laicos que compartimos a preocupación pola formación dos mozos e un modo de vivir a vida cristiá desde as claves da espiritualidade salesiana.

Por tanto, a identidade do Salesiano Cooperador  ten tres dimensións:

A vocación, que é a común chamada dos bautizados impregnada polo carisma Salesiano: “Algúns cristiá­ns impulsados polo Espíritu Santo  sentímonos atraídos pola figu­ra de Don Bosco e pola posibilidade de traballar con él permanecendo no mundo”.

A laicidade, ou sexa intentamos vivir os compromi­sos cotidianos como espazos para testemuñiar e animar cos valores evanxélicos e salesianos as realidades humanas: “Os Cooperadores laicos realizamos o noso compromiso e vivimos o espírito salesiano nas condicións normais de vida e traballo, con sensibilidade e características laicais, intentando difun­dir os valores salesianos no propio ambiente”.

A salesianidade, ou sexa o patri­monio de valores espirituais e pedagóxicos deixados en he­rencia por Don Bosco: “O espíritu salesiano é unha experiencia evanxélica típica que nos ca­racteriza e nos da un tono concreto a nosa presenzaa e acción no mundo, ao trato cos nosos irmáns e a nosa rela­ción con Deus”.

En Santiago de Compostela estamos os Salesianos Cooperadores desde 1997, aínda que oficialmente o Centro Local de Santiago de Compostela quedou constituído o 11 de abril de 2015. En 2019 o Centro Local formámolo sete Salesianos Cooperadores con Promesa (Cristina, José Alberto, José Manuel, Luís Germán, Manu, Mar García e Mar Fernández), tres aspirantes (Adriana, George e Judith) e Eugenio o noso Delegado.