Erixida no ano 1970 polo cardenal Quiroga Palacios, os límites xeográficos parroquiais veñen coincidir en grande parte cos límites xeográficos do barrio de San Pedro, unha zona da cidade configurada históricamente como a porta da entrada do Camiño.
A igrexa de San Pedro e a capela da Nosa Señora da Quinta Angustia son os dous templos onde se centra a actividade parroquial. En setembro de 2016 o arcebispo don Julián Barrio confiou a parroquia á comunidade salesiana de compostela.
Na actualidade, a parroquia desenvolve as catro dimensións pastorais da presenza eclesial:
- O anuncio da fe a través da acción catequética
- A celebración a través principalmente das eucaristías que se celebran nos dous templos.
- A dimensión socio-caritativa a través principalmente do programa de alimentos de caritas parroquial e do roupeiro parroquial . A dimensión comunitaria da Fe a través dos diversos grupos existentes: equipo de catequistas, equipos de caritas, equipo de persoas lectoras, etc.