Unidos en torno a Don Bosco
Un dos factores que motivaron a fundación salesiana en Santiago foi a atención dos moitos antigos alumnos procedentes das casas de Galicia que estudaban na que entón era a única universidade da Comunidadea.. Con este fin iniciouse a experiencia “Boscolares, pisos onde residían ou estudaban. Aos poucos desapareceron para ir integrándose en diversas residencias (na dos Franciscanos e Jesuítas principalmente). Paralelamente a iso formouse a asociación con persoas residentes en Santiago; unhas con raíz noutras casas salesianas, outras do noso barrio e da cidade por razón da relación, contacto e vida tida co Centro Don Bosco eles e os seus fillos durante algúns anos.
Os Amigos de Don Bosco en Compostela seguen sendo unha agrupación activa e teñen dúas publicacións periódicas: “Brisas” (sinxela folla de comunicación e avisos) e “Entre nostros” (na actualidade no segundo periodo con temas monográficos que resumen un pouco algunhas das actividades que se van realizando durante o curso).